Mi Cesta 0
Actualmente no hay productos en su carrito.
*Todos los precios incluyen I.V.A.
DARSE DE ALTA
0
Construdeco
Construdeco

DESCONTOS DE ATA 40% PARA REFORMAR BAÑOS E COCIÑAS

Axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño.


¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA17?

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.


As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido. O prazo para solicitar as axudas comezará o 28 de xullo. Pode consultar nesta páxina os establecementos adheridos.

A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos a man de obra; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.

A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.

A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio e co límite de 1.000€ de subvención por persoa física nunha ou varias compras.

Se vostede é un particular interesado en adquirir materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar en Galicia, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Progama, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido".

¿QUE TEÑO QUE FACER PARA SOLICITAR A AXUDA?

1. En calquera das nosas tendas Construdeco, solicitar o teu presuposto do baño ou cociña que desexes.

2. Deberás traer o teu DNI e un recibo ou xustificante da propiedade ou residencia no domicilio.

3. Nos presentaremos a túa solicitude ante o IGAPE.

4. A factura xa incluirá a axuda do Reforma 17 máis o desconto aplicado.

5. Deberás realizar o pagamento a través de transferencia ou ingreso bancario, identificando o número da factura e o teu nome.

6. Lembra que tes un prazo de tres meses para facer a reforma.

 

Información de interese:

Teléfono de información Construdeco: 982 23 49 08.

Teléfono de información oficina Igape: 900 81 51 51

Solicita o teu presuposto aquí.